Opinións do alumnado e das empresas
A diferenza da EFA Piñeiral con outros centros nos que estudei é que non es un número máis, non es un expediente, es un membro da comunidade, da familia Piñeiral, e iso ten un valor incalculable, na formación como profesional e na formación persoal.
O alumnado de Piñeiral é alumnado moi titorizado, moi motivado e iso fai posible que o rendemento nas estadías en empresa sexa óptimo, e polo tanto a súa colocación laboral máis áxil e inmediata.
O perfil do alumnado da EFA Piñeiral é o de alumnado cunha actitude moi boa, sempre con moitas ganas de facer.
O alumnado de Piñeiral conta xa cunha pequena experiencia froito do seu proxecto educativo e do seu paso por distintas empresas no seu itinerario formativo, o que posibilita que durante o súa estadía en prácticas xa acheguen dende o minuto un.
Do alumnado da EFA Piñeiral destacaría por riba de todo as ganas de aprender e traballar coas que afrontan cada período formativo en empresas. A súa predisposición.
A labor da EFA Piñeiral é unha labor moi boa e moi necesaria no rural que ninguén máis fai
El centro nos ha devuelto realizado en la formación del alumnado porque hemos tenido el placer de incorporarlos a nuestra plantilla
Grazas ao meu paso pola EFA Piñeiral hoxe estou traballando en XPO Logistics. Grazas ás prácticas realizadas descubrín a faceta profesional que me apaixoa.
O meu paso pola Efa Piñeiral axudoume moito a coñecer a miña profesión, xa non so nas clases, senón tamén no medio sanitario, grazas ás visitas, tertulias profesionais e estadías en empresa.
A EFA Piñeiral conta cunha unha formación máis realista, máis cercana á empresa, e despois de pasar pola universidade quería acercarme á empresa e en Piñeiral atopeino.
Para min a EFA Piñeiral é xusto o que estaba buscando e non daba atopado, formación en idiomas, formación en comercio e marketing, formación á carta.
Para min a EFA Piñeiral é un centro ao que cada alumno pode ter de referencia sempre para formarse continuamente e adquirir as competencias laborais que hoxe en día che demandan en calquera sitio